Achega Atención Domiciliaria

- presentación - obxectivos

ACHEGA Atención Domiciliaria, s.l. é unha empresa de servizos de asistencia a domicilio para persoas dependentes.

A nosa misión é poñer á disposición da poboación un servizo de atención domiciliaria que supón unha liberación de carga importante para os familiares de persoas dependentes; axudándolles a conciliar a vida familiar coa laboral.

Ofrecemos un servizo personalizado, cercano, profesional e de calidade no domicilio; de carácter psicolóxico, técnico, doméstico e sanitario.

Achega, Atención Domiciliaria é unha empresa prestadora de servizos sociais inscrita na Conselleria de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia, co número VP-2338.